ARBOMOSTRA 2016 / Presentamos o noso stand

Grazas o Concello de Arbo, temos a posibilidade de facer visible o proxecto de restauración os visitantes que se acheguen a esta feria de mostras de productos da comarca celebrada con motivo da LVI Festa da Lamprea 2016. No noso stand pódense facer donativos directamente, recibir explicacións sobre o proxecto por veciños da parroquia de Sela e mesmo levar un díptico informativo. O noso agradecemento o Concello, en especial o alcalde Horacio Gil pola súa grande implicación co noso traballo. Podedes consultar o programa da festa no seguinte enlace: www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=192